Segovia
Segovia
Provincia de Castela e León, formada por 234 municipios (7.000 km2; 147.694 h [2001]). A súa capital é Segovia. O hábitat é concentrado e está centrado en pequenos núcleos. Ademais da capital destacan os núcleos de Cuéllar (9.230 h [2001]), El Espinar (6.353 [2001]) e San Ildefonso (5.093 h [2001]). Ten cultivos de cereais, gandaría e explotación forestal. A actividade industrial redúcese ás industrias de fariña, resina, mobles e plásticos.