Segovia, Concordia de
Segovia, Concordia de
Sentenza arbitral ditada en Segovia o 15 de xaneiro de 1475 que fixaba as responsabilidades respectivas de Isabel I (proclamada raíña de Castela o decembro anterior) e de Fernando, o seu marido -entón xa rei de Sicilia-, en canto á Coroa de Castela. A raíña reservábase a absoluta competencia en canto á distribución dos favores, cargos e rendas. Respecto á intitulación de documentos e á administración da xustiza, Fernando conseguiu ser nomeado en primeiro lugar e ter tribunal propio se se separaba da súa muller. A concordia tivo unha vixencia de tres meses, pois o 28 de abril de 1475, Isabel conferiulle ao seu marido plenos poderes para gobernar, rexer e dispoñer de Castela con completa autoridade.