Seleucia ou Seleucia do Tigris

Seleucia ou Seleucia do Tigris

Antiga capital dos seléucidas, situada na confluencia do Tigris e da canle do Éufrates, a 70 Km de Babilonia. Fundada por Seleuco I (312 a C), foi un dos centros comerciais máis importantes do Oriente antigo. Foi destruída na expedición de Lucio Vero contra os partos (164), quen se estableceran na outra ribeira, na primitiva fortaleza de Ctesifonte, chamada tamén Seleucia-Ctesifonte.

Palabras veciñas

selenose | Seles, Monica | Seleucia ou Seleucia de Pieria | Seleucia ou Seleucia do Tigris | seléucida | Seleuco I Nicator | Seleuco II Calínico