selfactina
selfactina
s
f
[TÉXT]
Máquina de fiar intermitente que conserva, automatizados, as fases de fiadura manual co fuso e a roca. O procedemento foi perfeccionado co torno de fíar, aínda dun só fuso, e máis tarde mule-jenny, de Samuel Crompton, que tiña ata 120 fusos. Foi desprazada pola continua de aneis e, recentemente, pola fiadora de cabeza aberta.