1 ser

1 ser

(

  1. v i

    Existir ou ter realidade.

    Ex: Era unha vez un home...

  2. v i

    Ter lugar ou acontecer algo.

    Ex: O accidente foi no tren.

    Sinónimos: acontecer, ocorrer.
  3. v i

    Serve de cópula entre o suxeito e o atributo, facendo recaer no primeiro a calidade ou circunstancia que indica o segundo.

    Ex: A casa é grande. Iso é un roubo.

  4. v i

    Indica a hora e a data.

    Ex: Son as seis.

  5. v i

    Pertencer ou formar parte de algo. OBS: Utilízase seguido da preposición de.

    Ex: É da empresa.

  6. v i

    Estar feito de ou con aquilo que se manifesta.OBS: Utilízase seguido da preposición de.

    Ex: A gaita é de madeira de buxo.

  7. v i

    Formar parte dun grupo, en particular dunha familia. OBS: Utilízase seguido da preposición de.

    Ex: Son dos do Ferreiro.

  8. v i

    Indica o parentesco que ten unha persoa con outra.

    Ex: Que es ti de Ana?

  9. v i

    Proceder ou ter orixe.

    Ex: Son de Chantada. Son galega.

  10. v i

    Indica, nas construcións adverbiais, sobre todo tempo ou lugar.

    Ex: É moi cedo para saír.

  11. v i

    Ter un determinado fin.

    Ex: Os cartos son para gastar. O regalo é para a avoa.

  12. v i

    Ter algo un prezo.

    Ex: Son vinte euros.

  13. v i

    Indica a solución dunha operación matemática.

    Ex: Dous máis dous son catro.

Frases feitas

  • A non ser que. Expresa exclusión.

  • A non ser que/se. Introduce unha condición para que algo se cumpra.

  • A non ser. Exclúe a participación na acción expresada polo verbo do termo seguinte.

  • Como sexa. Indica que algo debe facerse sen que nada nin ninguén o impida.

  • É máis. Engade unha razón que reforza o dito con anterioridade.

  • Non sendo. A non ser.

  • Non vaia ser. Polo que poida pasar ou por se acaso.

  • O que sexa. Conformarse con calquera cousa.

  • Ser + a + infinitivo. Perífrase verbal que se utiliza para expresar que a acción do infinitivo se realiza con moita frecuencia ou insistencia.

  • Ser a ruína de Palmira. Indica que algo custa moito ou que se fai un investimento moi grande.

  • Ser todos uns. Non existir diferenza entre as persoas de quen se trata.

  • Ser un botaporela. Aladear de algo.

  • Ser un Xan. Ser un miñaxoia.

  • Como debe ser. Tal e como está establecido.

  • É dicir/Isto é. Introduce unha explicación do que se dixo con anterioridade.

  • Non ser para menos. Enfatiza o que se dixo con anterioridade.

  • Ou sexa. Expresión aclaratoria que rectifica ou ratifica o que se dixo con anterioridade.

  • Ser + participio. Perífrase verbal pasiva en que o participio é atributo e o suxeito paciente.

  • Ser todos a. Indica, seguido dun infinitivo, que a acción se realiza con insistencia.

Palabras veciñas

Sequoia | Sequoiadendron | Sequoyah | 1 ser | 2 ser | Ser | Ser