1 ser
(
-
v i
Existir ou ter realidade.
Ex: Era unha vez un home...
-
v i
Ter lugar ou acontecer algo.
Ex: O accidente foi no tren.
Sinónimos: acontecer, ocorrer. -
v i
Serve de cópula entre o suxeito e o atributo, facendo recaer no primeiro a calidade ou circunstancia que indica o segundo.
Ex: A casa é grande. Iso é un roubo.
-
v i
Indica a hora e a data.
Ex: Son as seis.
-
v i
Pertencer ou formar parte de algo. OBS: Utilízase seguido da preposición de.
Ex: É da empresa.
-
v i
Estar feito de ou con aquilo que se manifesta.OBS: Utilízase seguido da preposición de.
Ex: A gaita é de madeira de buxo.
-
v i
Formar parte dun grupo, en particular dunha familia. OBS: Utilízase seguido da preposición de.
Ex: Son dos do Ferreiro.
-
v i
Indica o parentesco que ten unha persoa con outra.
Ex: Que es ti de Ana?
-
v i
Proceder ou ter orixe.
Ex: Son de Chantada. Son galega.
-
v i
Indica, nas construcións adverbiais, sobre todo tempo ou lugar.
Ex: É moi cedo para saír.
-
v i
Ter un determinado fin.
Ex: Os cartos son para gastar. O regalo é para a avoa.
-
v i
Ter algo un prezo.
Ex: Son vinte euros.
-
v i
Indica a solución dunha operación matemática.
Ex: Dous máis dous son catro.
Frases feitas
-
A non ser que. Expresa exclusión.
-
A non ser que/se. Introduce unha condición para que algo se cumpra.
-
A non ser. Exclúe a participación na acción expresada polo verbo do termo seguinte.
-
Como sexa. Indica que algo debe facerse sen que nada nin ninguén o impida.
-
É máis. Engade unha razón que reforza o dito con anterioridade.
-
Non sendo. A non ser.
-
Non vaia ser. Polo que poida pasar ou por se acaso.
-
O que sexa. Conformarse con calquera cousa.
-
Ser + a + infinitivo. Perífrase verbal que se utiliza para expresar que a acción do infinitivo se realiza con moita frecuencia ou insistencia.
-
Ser a ruína de Palmira. Indica que algo custa moito ou que se fai un investimento moi grande.
-
Ser todos uns. Non existir diferenza entre as persoas de quen se trata.
-
Ser un botaporela. Aladear de algo.
-
Ser un Xan. Ser un miñaxoia.
-
Como debe ser. Tal e como está establecido.
-
É dicir/Isto é. Introduce unha explicación do que se dixo con anterioridade.
-
Non ser para menos. Enfatiza o que se dixo con anterioridade.
-
Ou sexa. Expresión aclaratoria que rectifica ou ratifica o que se dixo con anterioridade.
-
Ser + participio. Perífrase verbal pasiva en que o participio é atributo e o suxeito paciente.
-
Ser todos a. Indica, seguido dun infinitivo, que a acción se realiza con insistencia.