shang
shang
-
adx
Relativo ou pertenente á dinastía shang.
-
s
[HIST]
Membro dunha dinastía chinesa, chamada tamén yin, que reinou, segundo a cronoloxía tradicional chinesa, do 1766 a C ao 1123 a C. Tiña como capital a Ngan-yang, ao N da actual provincia de Henan. Os shang reinaron sobre unha confederación de cidades estado cunha tripla estrutura social formada polo rei, os funcionarios e o pobo. A pesar de que a fonte principal de riqueza era a agricultura, a sociedade foi suficientemente rica para soportar unha estrutura social diversificada. Foron substituídos pola dinastía chon.