Shanghai

Shanghai

Municipalidade dependente directamente do goberno central, no sheng de Jiangsu, China (6.186 km2; 16.740.000 h [2000]). Situada no esteiro do Iang-Tsé, é un dos portos e centros comerciais máis grandes de Oriente e a cidade máis grande de China. Desenvolvida baixo a influencia occidental e o réxime de concesións internacionais, tivo unha rápida expansión demográfica e económica. Ten refinarías de petróleo e industria moi diversificada. No s XI converteuse nun centro comercial do imperio dos Song. O seu desenvolvemento iniciouse coa ocupación británica durante a Primeira Guerra do Opio (1841). Co Tratado de Nanjing (1842), abriuse ao comercio internacional e instaláronse nela as concesións estranxeiras, agrupadas máis tarde nunha internacional, arredor da que se formaron barrios chineses. En 1920 creouse o Partido Comunista Chinés, e en 1927, ocupada polas tropas de Chiang Kai-shek, sufriu unha gran represión. En 1932, e novamente en 1937, foi ocupada polos xaponeses, que en 1941 anularon as concesións estranxeiras. En 1945 volveu quedar baixo soberanía chinesa.

Palabras veciñas

Shandong | Shandong, península de | shang | Shanghai | Shangqiu | Shangrao | Shankar, Ravi