Shandong
Shandong
Sheng de China (153.300 km2; 90.790.000 h [2000]). A súa capital é Jinan. Está formada pola península de Shandong e as terras chás que envolven o curso baixo do Huang He. O N e o O son chás mentres que o S e o L son montañosos, están divididos pola chaira de Weifang; no centro está a montaña sagrada de Taishan. O clima é temperado na costa e semicontinental no interior. Produce trigo, millo, algodón e cáñamo, e na costa froitas. Jinan, Qingdao, cidade portuaria, e Weifang son os principais centros industriais.