Siemens AG
Siemens AG
Sociedade industrial alemá fundada en 1847 por W. Siemens para explotar o telégrafo de disco móbil descuberto por el mesmo. Construíu as primeiras redes telegráficas, en 1874 instalou o primeiro cable transatlántico e en 1879 iniciou a construción de locomotoras eléctricas. En 1979 adquiriu a fábrica de lámpadas Osram, e en 1981 unha participación no grupo alemán Grundig. En 1986 entrou no campo dos ordenadores. En 1895 estableceuse o primeiro representante de Siemens en España e en 1970 tomou o nome de Siemens SA.