Siena, escola de
Siena, escola de
Escola pictórica que se desenvolveu en Siena durante os ss XIII e XIV. Estivo formada, entre outros, por Duccio di Buoninsegna, Simone Martini e os irmáns Pietro e Ambrogio Lorenzetti, que se liberaron das fórmulas ríxidas da cultura figurativa bizantina e incorporaron á súa obra a cor e o sentido do ritmo do gótico francés. A súa obra definiuse polo gusto polo detalle, a finura do debuxo e a transparencia de cor. Durante o s XV continuou aferrada á práctica artesanal. Domenico di Bartolo, Il Sassetta, Giovanni di Paolo, Mateo di Giovanni ou Sano di Pietro incorporaron escasas novidades.