sikh*

sikh*
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos sikhs ou ao sikhismo.

  2. s m pl [HIST/RELIX]

    Membro da comunidade relixioso-política fundada por Nanak (1469-1538), que se estableceu basicamente en Punjab. O seu carácter, orixinariamente pacifista e devocional, pasou a ser guerreiro, sobre todo por obra do décimo gurú Gobind Singh (1666-1708) que, ao intervir a favor dun dos seus irmáns derrotados en 1658 polo musulmán Aurangzeb, provocou a súa persecución por parte dos mogois, que os obrigaron a fuxir de Punjab oriental. Tras varias insurreccións (s XVIII), o príncipe Ranjīt Singh creou un estado independente en Punjab e Kashmir (1819). Opuxéronse á dominación británica e foron recoñecidos despois da primeira guerra sikh (1844-1848), aínda que nunha segunda insurrección (1849) foron vencidos. Despois da Guerra Indo-paquistaní lograron en 1966 a constitución dun estado punjabi. Esforzáronse por obter unha autonomía máis ampla, o recoñecemento oficial da súa relixión e a incorporación da cidade de Chandīgarh ao estado de Punjab. En 1981 estalaron graves incidentes que puxeron en evidencia o progresivo enfrontamento entre as comunidades sikh e hindú. En 1984 a primeira ministra da india, I. Gandhi, morreu nun atentado protagonizado por militantes sikhs membros da súa garda persoal. O seu fillo e sucesor, Rajiv Gandhi, negociou cos sikhs moderados, pero os extremistas separáronse deles (1986) e continuaron a súa loita.

Palabras veciñas

Sikar | Sikasso | Sikelianós, Ángelos | sikh* | sikhismo | Sikhote-Alin’ | Sikkim