sikhismo

sikhismo

(

s m [HIST/RELIX]

Conxunto de doutrinas formuladas basicamente por Nanak (1469-1538) e polos seus sucesores, os gurús, que constitúen a relixión dos sikhs en India. Dun monoteísmo estrito, é unha síntese do movemento bhakti hindú e do sufismo islámico, e nega a autoridade dos Vedas e suprime o sacrificio, o sacerdocio e o sistema de castas. As ensinanzas do gurú Gobind Singh (1666-1708) transformaron o seu carácter pacifista nun espírito militar.