socrático -ca

socrático -ca

(< antropónimo Sócrates)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Sócrates.

  2. s

    Seguidor de Sócrates e da súa filosofía.

  3. escola socrática [FILOS]

    Cada unha das escolas filosóficas baseadas no ensino de Sócrates e especialmente na doutrina da identidade entre virtude e coñecemento do ben. Destacaron as escolas de Megara, a cínica e a cirenaica.

  4. socráticos menores [FILOS]

    Conxunto de filósofos que integraron as escolas socráticas.

Palabras veciñas

Sócrates | Sócrates | SÓCRATES | socrático -ca | socratismo | Socuéllamos | soda