socrático -ca
socrático -ca
(< antropónimo Sócrates)
-
adx
Relativo ou pertencente a Sócrates.
-
s
Seguidor de Sócrates e da súa filosofía.
-
escola socrática
[FILOS]
Cada unha das escolas filosóficas baseadas no ensino de Sócrates e especialmente na doutrina da identidade entre virtude e coñecemento do ben. Destacaron as escolas de Megara, a cínica e a cirenaica.
-
socráticos menores
[FILOS]
Conxunto de filósofos que integraron as escolas socráticas.