Sorghum
Sorghum
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das poáceas, coas inflorescencias en panícula terminal, espículas dispostas por pares, unha sésil e hermafrodita e a outra masculina ou estéril e pedicilada. En Galicia está presente a especie S. halepense.