sorgo

sorgo

(< ital sorgo)

Nome científico: [Sorghum vulgare, Fam daspoáceas]
s m [PLANTA]

Planta herbácea perenne, rexa, de 1 a 2 m de altura, coas follas lineares aguzadas e inflorescencias paniculares de gran tamaño. É orixinaria de China e do S de África e o seu cultivo é dos máis antigos. Cultívase como planta forraxeira e para alimento humano, constituíndo a base alimentaria de millóns de persoas de Asia e de África. Existe unha variedade S. vulgare saccharatum de talo groso que fornece un xarope azucrado, de emprego culinario.