saxón, saxoa

saxón, saxoa

(< lat Saxonē)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Saxonia, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Saxonia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo saxón.

    2. s [ETN/HIST]

      Individuo do pobo saxón.

    3. s m pl [ETN/HIST]

      Pobo xermánico procedente de Xutlandia que, a fins do s III, se estendeu polo S do río Elba, absorbendo os pobos veciños e obrigando aos romanos á creación do dux litus saxonicum (caudillo do litoral saxón). Con eles, o usurpador Marco Aurelio Carausio ocupou a Britania romana (287). Chamados polos bretóns, loitaron cos ingleses contra os escoceses, ficando así no país (450). No s VIII os saxóns continentais constituíronse en catro nacións: os angarianos (nas ribeiras do Weser), os westfalianos ou saxóns do O (no Ems e o Lippe), os ostfalianos ou saxóns do L (no E do Weser), e os nordalbinxios (en Holstein). En 772, o caudillo wesfaliano Widukind uniu todos os saxóns e rebelouse contra os francos. Carlomagno tomou e destruíu algunhas cidades saxoas, e despois dunha expedición de castigo declarounos vasalos seus na Dieta de Paderborn (777). Pero volveron a sublevarse, polo que Carlomagno fixo catro campañas mais contra eles (794-797). Por causa do Tratado de Verdun quedaron dentro do reino franco oriental (Xermania). Arredor de 850 o Rei Luís II de Xermania recoñeceu o seu conde Liudolfo como duque dos saxóns do L, constituíndose o ducado de Saxonia.

  1. [LING]
    1. s m

      Conxunto de falas pertencentes ao xermánico occidental, faladas nas ribeiras do Elba, desde onde se difundiron por Alemaña noroccidental. A rama que emigrou á ribeira do Támesis deu lugar ao anglosaxón, e a que quedou en Alemaña dividiuse no s VII en dúas áreas: o alto e o baixo saxón. O alto saxón fálase na Saxonia actual e o baixo saxón fálase entre o Weser e o Elba. Co nome de saxón antigo desígnase a forma máis arcaica coñecida do baixo alemán, caracterizado polo feito de non participar na “segunda mutación consonántica”. No primeiro terzo do s IX foi escrito o principal donumento do saxón antigo, o poema Heliand (‘Salvador’).

    2. xenitivo saxón

      Forma de expresar a posesión, propia dalgunhas linguas xermánicas, especialmente do inglés, que consiste en antepor o substantivo que constitúe o complemento, seguido dun ‘s, ao nome ao que se refire.

      Ex: Peter’s son ‘o fillo de Pedro’. OBS: A grafía x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

Saxo Grammaticus | saxofón | saxofonista | saxón, saxoa | Saxonia | Saxonia | Saxonia, casa de