Sisto II, san
Sisto II, san
(Grecia? - Roma 6.8.258) Papa (257-258). Restableceu as relacións coa Igrexa de África e de Asia Menor, que foran quebradas baixo Estevo I, a raíz da controversia sobre a validez do Bautismo dos herexes e a readmisión dos lapsi. Morreu vítima do segundo edicto de Valeriano (258). A súa festividade celébrase o 5 de agosto.