Telefónica
Telefónica
Empresa fundada o 19 de abril de 1924 co nome de Compañía Telefónica Nacional de España, SA. Xurdiu do convenio entre o Estado e a empresa estadounidense International Telephone and Telegraph Corporation (ITT), e dispuña do monopolio das comunicacións telefónicas en España. En 1945 o Estado converteuse en socio maioritario. Desde finais da década de 1980 abriuse ao mercado internacional e adquiriu accións en empresas operadoras de redes de telecomunicacións en Hispanoamérica. En 1994 lanzou o servizo de telefonía móbil dixital, Movistar, en 1995 presentou o seu servizo de Internet, Infovía, e en 1999, Terra. En 1997 privatizouse. Paralelamente, comezou as probas coa tecnoloxía ADSL. En 2000 creou Telefónica Móviles e Telefónica DataCorp.