terceiro -ra
(< lat tertiarĭu)
-
adx
Que ocupa o lugar número tres nunha serie.
-
adx e s
Que se corresponde a cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo.
-
-
adx e s
Aplícase á persoa ou cousa que intervén nun asunto pero que non é ningunha das dúas que se opoñen no mesmo.
-
s
[DER]
Persoa allea a unha relación xurídica que ten interese ou relación con ela.
-
seguro a terceiros
Seguro que se fai cargo da responsabilidade por danos causados a terceiras persoas.
-
terceiro en discordia
[DER]
Persoa nomeada entre árbitros ou peritos para que decida en discordia dos seus ditames.
-
adx e s
-
terceiro estado
[HIST]
Grupo social do Antigo Réxime, formado polo conxunto das forzas produtivas, a burguesía, as clases populares urbanas e campesiños libres. A coherencia do grupo proviña da oposición común aos privilexios dos eclesiásticos (primeiro estado) e dos nobres (segundo estado).
-
orde terceira
[RELIX]
Instituto relixioso (orde terceira regular) ou asociacion piadosa (orde terceira secular) que depende dunha orde relixiosa, e que se benefician dos seus privilexios e seguen a súa espiritualidade, e na medida do posible, a súa regra. A primeira orde terceira secular foi a de San Francisco de Asís, creada en 1209, imitada polos agostiños (1401), dominicanos (1405), servitas (1424), carmelitas (1450), mínimos (1506), trinitarios (1751), premostratenses (1751) e oblatos de San Bieito (1871). A partir dos ss XVII e XVIII os capuchinos crearon venerables ordes terceiras (VOT) franciscanas. Entre as femininas destacan as das terciarias carmelitas, dominicanas e franciscanas.