Terceiro Tempo

Terceiro Tempo
[PUBLIC]

Revista deportiva publicada na Estrada e Vigo a partir do 24 de abril de 1993. Subtitulouse “A Voz Independente do Deporte Galego” e comezou como semanario na Estrada, coa cabeceira Tercer Tiempo. Xa como Terceiro Tempo pasou a ser mensual e estableceuse en Vigo (1996). Inserida no grupo Tempo Visión e dirixida por Daniel Soto, ocúpase dos deportes minoritarios en Galicia e dos deportistas galegos que participan en competicións fóra do país.