terra
(< lat terra)
-
s
f
-
[ASTRON/XEOG/XEOL]
Terceiro dos planetas do Sistema Solar, atendendo á súa proximidade ao Sol. A excentricidade da súa órbita vale 0,017 e o seu semieixe maior ten unha lonxitude de 149,6 millóns de km, distancia que recibe o nome de unidade astronómica (UA). A súa velocidade orbital media é de 29,8 km/s, e o seu período de traslación arredor do Sol é de 1,00039 anos trópicos, ou sexa 365,26 días. Xira arredor dela mesma en sentido directo, é dicir do O cara ao L, e o seu período de revolución sideral é de 23 horas 56 minutos, medido en tempo solar. Este período, denominado día, é unha das unidades de tempo que se emprega na práctica. O seu eixe de rotación recibe o nome de eixe do mundo, e o círculo máximo da esfera terrestre perpendicular é o ecuador da Terra. A intersección do plano que contén este círculo coa esfera celeste é outro círculo máximo, denominado ecuador celeste. Por outra banda, o círculo de intersección do plano da órbita terrestre coa esfera celeste recibe o nome de eclíptica. O ecuador celeste e a eclíptica determinan un ángulo de 23°27’ e córtanse en dous puntos, denominados equinoccios, e cando se atopa neles, o Sol no curso do seu movemento aparente no firmamento atravesa o ecuador celeste de N a S (equinoccio de primavera) ou do S a N (equinoccio de outono). O eixe da órbita terrestre que une estes dous puntos denomínase liña dos equinoccios, e o eixe perpendicular a el, liña dos solsticios. Este eixe corta a órbita terrestre en dous puntos, os solsticios, tales que cando a Terra está nestes puntos, a posición do Sol no firmamento chega á súa máxima declinación boreal ou austral. Xunto co movemento de traslación arredor do Sol e de rotación arredor dela mesma, a Terra presenta unha serie de movementos menos importantes, entre os que destacan a precesión, a nutación e o movemento do centro da Terra arredor do baricentro do sistema Terra-Lúa. O globo da Terra non é perfectamente esférico, senón que é aplanado nos polos. O seu raio polar é de 6.356 km, mentres que o ecuatorial é de 6.378 km. O achatamento vale 1/297. Ten unha masa de 5,976x10 21 toneladas, e a súa densidade media é de 5,517 g/cm 3 . O valor de gravidade media na súa superficie é de 9,81 m/s 2 , e a velocidade de fuxida é de 11,2 km/s. A presión no centro da Terra pode chegar ata algúns centenares de milleiros de atmosferas. A Terra ten un campo magnético dipolar, cuxo eixe recibe o nome de eixe xeomagnético, e os puntos en que as súas prolongacións cortan a superficie terrestre denomínanse polos magnéticos. O eixe xeomagnético non coincide co eixe do mundo, senón que determina un ángulo que varía co tempo e que actualmente é da orde de 11,5°. O valor do campo magnético no ecuador é de 0,31 gauss. A estrutura dipolar e o comportamento do campo magnético cambian porque se produce unha interacción co vento solar que fai que as liñas de forza se compriman polo lado do Sol e se alonguen polo oposto. Orixínanse dúas rexións, unha en que domina o vento solar e onde non hai case liñas de forza magnética, e outra, a magnetosfera, en que as partículas cargadas se moven pola acción do campo magnético terrestre. No interior da magnetosfera hai unhas bandas ou cintos de partículas de alta enerxía que se denominan cintos ou capas de Van Allen. O globo terrestre está rodeado por unha envoltura gasosa, atmosfera, cunha masa de 5,6 x 10 15 toneladas, que exerce sobre a superficie unha presión uniforme de 1.033 g/cm 2 . A extensión da atmosfera é de 1.000 km, e está formada por unha mestura de gases, dos que o nitróxeno constitúe o 78% do volume do total, o osíxeno o 21%, o argón o 0,93% e o dióxido de carbono o 0,001%. Tamén nos 15 primeiros quilómetros da atmosfera hai vapor de auga en cantidades variables. A Terra ten na superficie unha gran cantidade de auga en estado líquido (océanos, mares, lagos e ríos), gasoso (vapor de auga da atmosfera) e sólido (glaciares). O conxunto de toda a auga superficial recibe o nome de hidrosfera. A parte máis importante corresponde aos océanos (65% da superficie terrestre). A auga da hidrosfera está sometida a unha serie de movementos e cambios de estado que reciben o nome de ciclo hidrolóxico. A Terra ten un único satélite natural, a Lúa, que constitúe o único caso do sistema solar en que as dimensións do satélite son comparables ás do planeta principal. O estudo da composición, estrutura, estado e características físicas da Terra faise mediante métodos de observación directos e indirectos. As observacións directas quedan limitadas ás minas e as sondaxes, que non acadan 20 km de profundidade. As observacións indirectas baséanse esencialmente en métodos xeofísicos sobre a densidade, a temperatura, o magnetismo, a electricidade e, particularmente, na sismoloxía ou estudo da propagación de ondas sísmicas. Hai dúas grandes descontinuidades dentro do globo terrestre, a de Mohorovičić, situada a unha profundidade de 5 a 8 km baixo os océanos e duns 65 km baixo as grandes cordilleiras (profundidade media de 30 a 40 km) que separa a envoltura externa ou codia terrestre do manto, e a de Gutemberg, a 2.900 km e que separa o manto do núcleo que acada o centro da Terra. O salto de densidades entre o manto e o núcleo é de 5,5 a 10. Admítese un núcleo interno, máis denso, baixo unha descontinuidade feble, e a uns 5.000 km. A composición do núcleo terrestre parece formada de ferro, cun 6% de níquel (de aquí o nome de nife), acompañados doutros elementos siderófilos. Entre as descontinuidades de Mohorovičić e de Gutemberg esténdese o manto, que engloba o 83% do volume e o 68% da masa terrestre, e dentro do que hai dúas descontinuidades sísmicas secundarias a 200 e 700 km, esta última separa un manto inferior, dun manto superior. A codia terrestre é o conxunto de terreos situados por riba da descontinuidade de Mohorovičić, con grosor de 10 a 70 km. Os xeofísicos introduciron outras subdivisións dentro do conxunto rochoso máis próximo á superficie, unha litosfera, ríxida, que comprende toda a codia e unha parte do manto superior, de 70 a 150 km de grosor, e que pode introducirse profundamente no manto (nas zonas de subdución). Por debaixo está a astenosfera, de igual composición ca o manto superior ríxido, pero susceptible de deformarse plasticamente. Está comprendida normalmente entre os 70 e os 150 km, é máis superficial en certas zonas de grandes fracturas e, sobre todo, nas dorsais oceánicas. A astenosfera está formada por peridotita, derivante a basalto, parcialmente fundida. A mesosfera, novamente ríxida e sólida, está por debaixo da astenosfera. A codia é moi heteroxénea, e distínguese unha codia continental e unha oceánica. A primeira é moi grosa (80 km no Himalaia) e contén, de arriba a abaixo, unha capa, que pode faltar, de rochas sedimentarias e unha capa de rochas cristalinas e cristalofílicas, que se denomina capa granítica (sial nos autores antigos). Por debaixo da descontinuidade de Mohorovičić, a parte alta do manto superior está constituída por peridotitas e ecloxitas. A codia oceánica é moito máis delgada e caracterízase pola capa sedimentaria superficial disposta directamente sobre a capa basáltica (ou sima). A astenosfera, plástica e móbil, fragmentou a litosfera nun conxunto dunhas 8 ou 10 placas litosféricas ríxidas, que se desprazan a velocidades que non superan os 10 cm por ano (100 km por m a). Os contactos entre unha placa e outra poden ser de tres tipos: no primeiro a litosfera do fondo oceánico medra continuamente a partir das denominadas dorsais oceánicas; no segundo as liñas de converxencia de placas constitúen cintos oroxénicos (o cinto das cadeas circumpacíficas e as cordilleiras alpinas), con afundimento dunha placa debaixo doutra, e a que se afunde é absorbida dentro do manto (subdución); no terceiro hai liñas de contacto entre placas con desprazamento horizontal, que se denominan fallas transformantes, en que se conserva a súa extensión. Este conxunto de fenómenos constitúe a base da teoría da tectónica de placas (ou da tectónica global), que está avalada especialmente polos datos nutridos polo paleomagnetismo. Están, por outra banda, os bloques de placas litosféricas que forman os continentes e que permaneceron inactivos desde a Era Primaria. Os contornos dos bloques continentais poderían encaixar como as pezas dun crebacabezas para formar un continente común -Panxea-, como xa indicou Wegener na súa teoría da deriva dos continentes. Cómpre destacar a desigual distribución dos elementos nas diferentes capas da Terra. Os elementos siderófilos concentráronse no núcleo, e os litófilos, no manto e na codia. O ferro, aínda que siderófilo, é relativamente importante no manto. Fóra da atmosfera concentráronse os gases nobres e o nitróxeno. No interior do globo terrestre hai elevadas temperaturas, como o demostran os fenómenos volcánicos, as augas termais e os geyser. Admítese que unha gran parte da calor ten orixe radioctiva. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
[MIT]
Divindade mitolóxica, personificación da Terra. Ocupa un lugar importante na mentalidade relixiosa de numerosas civilizacións: é centro de numerosos mitos cosmogónicos que presupoñen unha unión primordial da Terra e do Ceo. Noutro ciclo mitolóxico, a Terra e o Ceo asumen o aspecto dunha parella divina, separada pola obra violenta dos fillos como Urano e Xea ou Dyaus e Prthivi. A Terra concíbese aínda como a deusa nai. Nas sociedades agrarias é a nai universal. A complexidade da súa figura mítica multiplícase a miúdo (sobre todo en politeísmos desenvolvidos) en numerosas divindades telúricas: en Grecia, ao carón de Xea, está Rea, Deméter ou Perséfone; en Babilonia, Ištar está acompañada de Ninlil; e en Roma, Telus está seguida de Ceres ou Flora. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
[RELIX]
Mundo onde se vive a vida terreal, en contraposición á vida eterna, o outro mundo.
-
[ASTRON/XEOG/XEOL]
-
-
s
f
Parte sólida da superficie da Terra, en contraposición ao aire e á auga.
-
s
f
Parte sólida da superficie terrestre, en contraposición aos mares.
-
s
f
Posesión rural.
-
terra firme
Porción grande de terra, que non é unha illa, e que forma parte dun continente.
-
s
f
-
-
s
f
Parte sólida da superficie terrestre, considerada como soporte das cousas.
-
s
f
Solo ou pavimento sobre o que se está ou camiña.
-
terra queimada
[BÉL]
Táctica utilizada desde a Antigüidade que consiste en destruír todo aquilo que, no territorio dunha das partes belixerantes, pode servir para os movementos ou a alimentación do inimigo.
-
s
f
-
-
s
f
Porción da superficie da Terra considerada nela mesma ou como pertencente a un individuo ou a un pobo.
-
s
f
Zona xeográfica con límites naturais precisos e caracteres culturais, históricos e xeográficos comúns.
-
s
f
Lugar de orixe.
-
terra de ninguén
[BÉL]
Territorio, en tempos de guerra, non ocupado nin dominado por ningunha das partes belixerantes.
-
terra prometida/de promisión
[RELIX]
Nome que recibiu a terra de Canaán ou Palestina, que Deus prometera a Abrahám e aos xudeus. Estes foron conducidos desde Exipto por Moisés e ocuparon de forma paulatina o territorio desde o II milenio.
-
s
f
-
-
terra negra
Terra de cor moi escura e de moi boa calidade para o cultivo.
-
terra nova
Terra que se sementa por primeira vez.
-
terra vexetal
Terra que contén moita materia orgánica que a fai apta para o cultivo.
-
s
f
Solo vexetal, material da codia terrestre destinado a ser aproveitado pola agricultura.
-
terra afundida
Terra que foi mellorada engadíndolle area.
-
terra alta
Terra que ten as augas subterráneas relativamente fondas.
-
terra árida
Terra que é difícil de traballar.
-
terra baixa
Terra que ten as augas subterráneas a pouca profundidade.
-
terra de regadío
Terra que é regada con canles de rego.
-
terra de secaño
Terra que só é regada pola auga da chuvia.
-
terra erma
Terra inculta, non produtiva.
-
terra negra
-
s
f
[ECON]
Medio de produción non reproducible que intervén nos diferentes procesos de produción en intensidade variable segundo o tipo de actividade á que se refire. É básico na agricultura e relativamente reducido respecto ao capital ou ao traballo directo en actividades industriais como a fabricación de maquinaria de precisión ou electrónica. Para os neoclásicos estaba considerada un factor de produción como os outros, e a renda correspondente determínase segundo a súa produtividade marxinal. Aínda que como factor de produción a importancia da terra foi substituída por bens de capital e polo traballo, o crecemento das cidades converteu o solo urbano nun ben escaso.
-
s
f
[FÍS]
-
Masa de terra que se emprega como condutor en telecomunicacións e como elemento de protección nas instalacións eléctricas de baixa tensión.
-
Cable que está conectado coa terra.
-
-
-
s
f
Nome dado a diversas materias pulverulentas.
-
terra de batán
[XEOL]
Substancia arxilosa que está formada por unha fina mestura de silicatos de aluminio, especialmente por montmorillonita, e por sepiolita, e que se emprega como absorbente no refinado e na descoloración de aceites.
-
terra de Siena
Substancia mineral natural, de cor terrosa escura e relativamente translúcida, formada por óxido de ferro, que se emprega como pigmento en pinturas.
-
s
f
-
s
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘azucre’.
-
posesión da terra
Relación definida de forma xurídica ou consuetudinaria con respecto á terra. É un conxunto de normas para definir de que maneira se poden asignar dentro das sociedades os dereitos de propiedade da terra. Definen como se outorga o acceso aos dereitos de utilizar, controlar e transferir a terra, así como as pertinentes responsabilidades e limitacións. É dicir, determinan quen pode utilizar os recursos, durante canto tempo e baixo que circunstancias. A propiedade da terra adoita ser relativamente simple, pero os dereitos de uso son complexos e variados. Os tipos de posesión pódense clasificar segundo a súa base legal en función dos dereitos relativos do propietario e do que usa a terra, das condicións e formas de pagamento, e da seguridade dos arrendatarios, definida en termos de duración ou previsión. Os tipos máis importantes son: en propiedade, en arrendamento, en dereito de uso, institucional con man de obra asalariada e colectivista. A posesión da terra en propiedade significa que a mesma persoa ou entidade posúe e usa a terra. Nesta categoría inclúense as explotacións a grande escala en que os propietarios utilizan man de obra asalariada xunto ao seu propio traballo. A continuidade do réxime de propiedade está afectada polos sistemas de herdade, podendo derivar nunha fragmentación parcelaria entre os herdeiros. O arrendamento é o tipo de posesión máis complexo, pois abrangue unha gran variedade de condicións e modalidades. Consiste en que o arrendatario paga ao propietario pola concesión do dereito de uso da terra. Este pagamento realízase ben mediante o traballo do arrendatario da terra que se reserva o propietario para o seu uso persoal ou institucional, ben a través do pagamento en efectivo ou ben con algunha forma de parzaría. Frecuentemente, os ingresos do propietario polo alugamento da terra compóñense dunha mestura destes tres elementos. A posesión da terra en dereito de uso non establece claramente a súa posesión e céntrase simplemente no seu emprego. É o tipo característico da agricultura itinerante, en que a cuestión da propiedade a longo prazo non é significativa. O individuo ou grupo comunal establece o dereito da terra mediante o seu uso. Tamén moitos sistemas agrícolas intensivos inclúen elementos de dereito de uso sobre terras comunais, especialmente de monte e para o pastoreo. A posesión institucional con man de obra asalariada dáse cando a terra pertence a unha institución, normalmente unha empresa privada, e a produción agrícola está asegurada mediante un sistema de emprego por contrato. O sistema de plantación é o exemplo máis común desta forma de posesión. O modo colectivista de posesión é outra modalidade complexa en que a terra pertence a algún organismo colectivo, como o estado ou un pobo completo, e os individuos participan nun programa agrícola comunal, compartindo a produción ou os ingresos das vendas, como nas cooperativas agrícolas dos países socialistas ou o kibbutz israelí. Por outro lado, estes tipos de posesión poden presentarse ao mesmo tempo nunha soa propiedade, polo que moitas posesións son combinación de distintas modalidades. A posesión da terra nun espazo dado debe relacionarse coas relacións de poder rural en xeral desa área, coas vinculacións da posesión da terra e outros aspectos sociais máis amplos, coa ponderación entre posesión e produtividade agrícola e entre a mesma e as paisaxes agrarias.
-
terra parda
[XEOL]
Solo de perfil A(B)C, con humus de tipo forestal, con feble lixivación das arxilas e do ferro e que se forman sobre diversos tipos de rocha nai. É característico de rexións de clima temperado e relativamente húmidos.
-
terras raras
[QUÍM]
-
Denominación xenérica dos quince elementos da familia dos lantánidos.
-
Denominación xenérica dos óxidos dos metais da familia dos lantánidos que están presentes na natureza.
-
Frases feitas
-
Botar por terra. Arruinar ou abater algo.
-
Botar terra a algo. Ocultar algo ou facer que non se fale máis diso.
-
Da terra. Do país.
-
Dar terra. Sepultar ou enterrar.
-
Por terra. Por vía terrestre.
-
Quedar en terra. Perder un medio de transporte.
-
Tomar terra. Aterrar un avión ou atracar un barco.
Refráns
- A moita terra dá dúas cheas: unha de traballo e outra de miseria.
- A terra ben labrada ao seu dono dálle ganancia.
- A terra descansada non precisa ser gabada.
- A terra morena bo pan leva.
- A terra negra bo pan leva, a branca nin pan nin palla.
- A terra que non se cobre de herba non é boa nin para a vaca nin para a ovella.
- A terra, coa rella ou coa cagada da ovella.
- Aterra é femia; quen non a ara en balde sementa.
- Aterra moi aradeira, para que n a queira.
- Bota terra enriba da terra e verás o pan que leva.
- Cada terra, seu uso; cada roca, seu fuso.
- Con esterco e rega non hai mala terra.
- Da terra ben traballada espera boa anada.
- En terra de señorío, almendro ou guindo; en terra real, nogueira e moral.
- Monte duro, pan seguro.
- Non é boa a terra que sempre hai que loitar con ela.
- Non hai mala terra con es terco e rega.
- Non hai terra mala cando lle vén a súa anada.
- O que en mín lugar fai a viña, ao lombo saca a vendima.
- Quen en ruín lugar pon a viña, saca el só nun día a vendima.
- Renega da terra que tes que loitar con ela.
- Terra boa, terra mala, cada unha dá a súa anada.
- Terra folgada sempre gaña.
- Terra moi aradeira, para que n a queira.
- Terra que dá o cardo, para min a gardo; a que dá o espiño, para o meu veciño.
- Toda a terra é unha.