Terra

Terra
[PUBLIC]

Revista publicada en Bos Aires a partir do 25 de xuño de 1923. Subtitulada “Órgano da Irmandade Nazionalista Galega de América do Sul” e “Boletín da cultura galega”, foi a primeira publicación redactada integramente en galego da comunidade emigrante. De carácter nacionalista e cunha vocación normalizadora, foi dirixida por Ramiro Isla Couto. Editou só cinco números que contaron coas colaboracións dalgúns dos máis relevantes persoeiros da cultura galega no exilio.

Palabras veciñas

terpineol | terpinoleno | terra | Terra | Terra | Terra | Terra a Nosa!