Teutoburg, selva de
Teutoburg, selva de
Relevo nororiental do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. Está constituído por un continuo de outeiros separados por profundas incisións de forma alongada e de pouca altitude (468 m), que se estenden desde Bad Lippspringe ata Rheine, preto do Ems.