teutón -teutoa
teutón -teutoa
(< lat teutōne)
-
adx
Relativo ou pertencente aos teutóns.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo teutón.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo xermánico, un dos primeiros que se trasladaron a Occidente. Habitaban na costa occidental de Slesvig (s IV a C). A causa das inundacións, xunto cos cimbros de Xutlandia, subiron polo Elba e chegaron a Bohemia, onde non foron admitidos en 120 a C. Pasaron ao S da Galia onde triunfaron entre 109 e 107. O máis prestixioso dos xenerais romanos, Mario, á cabeza dun forte exército, aniquilounos en Aquae Sextiae (Aix en Provence), en 102.