Tiberina, Isola

Tiberina, Isola

Pequena illa no medio do río Tíber, en Roma. Está unida á ribeira esquerda pola ponte Fabricio, construída en 62 a C, e á ribeira dereita pola ponte Cestio (46 a C). É un illote baixo e alongado, dedicado antigamente ao culto de Esculapio, en que se atopa un templo edificado por Odón III a finais do s X. Destruído en 1557 por unha inundación, foi refeito totalmente e consagrado a san Bertomeu.

Palabras veciñas

Tíber | Tiberíades | Tiberíades, lago de | Tiberina, Isola | tiberino -na | Tiberio | Tiberio II