tie-break*
tie-break*
s
m
[DEP]
Regra que se aplica por termo xeral no xogo do tenis cando hai empate nun set a seis xogos. Comeza servindo o xogador que non dispoñía do servizo. O seu rival serve o segundo e o terceiro puntos, e despois cada un dos xogadores ten que servir alternativamente dous puntos consecutivos e cambiar de pista cada 6 puntos, ata que un deles gañe 7 puntos e o outro menos de 6. Se hai empate a 6, continúase xogando ata que un consiga dous puntos de diferenza.