Torno, ponte de
Torno, ponte de
Construción situada sobre o río Lobios ao seu paso por Torno (Lobios). Trátase dunha ponte de cantaría do s XVIII con tres arcos lixeiramente apuntados e cun desaugadoiro arquitrabado. Atópase no camiño de Lobios a Grou e Lobeira.