toro

toro

(< lat toru < gr τόρος)

  1. s m

    Parte que está entre a raíz e as pólas dunha árbore.

  2. s m

    Anaco circular que resulta de cortar o tronco dunha árbore.

  3. s m

    Anaco circular dunha peza de froita, carne ou peixe.

  4. s m [ARQUIT]

    Moldura grande convexa e semicircular que hai nas bases das columnas.

  5. s m [MAT]

    Superficie xerada pola rotación no espazo dun círculo arredor dun eixe do seu plano que non corta o círculo.

  6. s m [TECNOL]

    Peza en forma de toro, de material ferromagnético, que está destinada a facer de núcleo magnético nalgúns tipos especiais de transformadores e bobinas.