torre
(< lat turre)
-
-
s
f
[ARQUIT/HIST]
Construción de fabricación cilíndrica ou prismática, máis alta que ancha, illada ou sobresaíndo dunha edificación, feita para protexer unha cidade ou un castelo, para ver a gran distancia, para ter instaladas as campás, o reloxo ou con outros fins. Tivo sobre todo funcións defensivas, de atalaia ou de faro. Constituíu a miúdo a parte máis invulnerable do castelo e pasou a ser a parte máis luxosa, como a torre da homenaxe. A torre colocada coas mesmas finalidades en igrexas e conventos chamáse campanario, e a das mesquitas minarete. Coa creación dos burgos, pasou a ser o símbolo da cidade. Durante o Renacemento e o Barroco tivo un carácter máis decorativo.
-
torre de babel
[HIST/MIT]
Construción situada en Shinan (Babilonia) e levantada polos descendentes de Noé, que pretendían que alcanzase o ceo, feito de soberbia que provocou a ira de Iavé, quen interrompeu a construción confundíndolles as linguas.
-
torre de control
Construción feita nun aeroporto, de altura suficiente para dominar visualmente todas as pistas, as zonas de embarque ou as áreas de manobra, e poder observar o ceo libre de obstáculos, no que están reunidos todos os servizos de radionavegación e de telecomunicacións que permiten regular o tránsito dos avións e a zona ao seu redor.
-
torre mestra
[HIST]
torre da homenaxe.
-
s
f
[ARQUIT/HIST]
-
[ENX]
Construción de formigón, metálica ou de madeira que se emprega como soporte para o conxunto de condutores dunha liña de alta tensión mediante os illadores correspondentes.
-
s
f
[XOGO]
Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que ao inicio da partida están situadas nas cuadrículas correspondentes aos catro ángulos do taboleiro. Poden moverse en liña recta en todas as direccións.
-
s
f
[BÉL/HIST]
Formación do exército romano semellante á columna.
-
s
f
[BÉL/HIST]
Artefacto de guerra antigo en forma de torre, destinado a transportar guerreiros atacantes.
-
torre de marfil
IIlamento intelectual ao que se somete alguén, ignorando voluntariamente os problemas sociais ou políticos que o envolven.