tratado

tratado

(< tratar)

  1. s m

    Obra que trata sistematicamente unha materia.

  2. s m [DER]
    1. Acordo internacional establecido por escrito entre estados e rexido polo dereito internacional, tanto se está articulado nun instrumento único como se o está en dous ou máis. En función da súa materia, distínguese entre tratados de paz, que poñen fin a un conflito como os de Westfalia ou Utrecht; tratados económicos e comerciais como o acordo entre EE UU, Francia e Reino Unido en 1936; tratados relixiosos, como os establecidos entre Vaticano e outros estados, denominados concordatos; tratados políticos, como o de París, coñecido como Santa Alianza; tratados de extradición de delincuentes e criminais comúns; e tratados técnicos. Entre os colectivos figuran os tratados constituíntes das organizacións internacionais, como o de Versailles.

    2. Documento en que consta o tratado.