tratamento

tratamento

(

  1. s m
    1. Maneira de comportarse ou de proceder con respecto a alguén.

      Ex: Os traballadores merecían outro trato.

      Sinónimos: trato.
    2. Modo de tratar unha cousa.

      Ex: Houbo un tratamento adecuado do tema.

  2. s m

    Título honorífico ou de cortesía que se lles dá ás persoas pola súa autoridade, dignidade, cargo ou categoría social.

  3. [MED]
    1. s m

      Conxunto de medios hixiénicos, farmacolóxicos e cirúrxicos que se poñen en práctica para curar ou aliviar unha enfermidade.

    2. tratamento activo

      Tratamento que está dirixido directamente á curación da enfermidade.

    3. tratamento causal

      Tratamento que actúa directamente contra a causa da enfermidade.

    4. tratamento empírico

      Tratamento das enfermidades por medios da eficacia demostrada pola experiencia.

    5. tratamento médico

      Tratamento que se practica especialmente por medios non cirúrxicos.

    6. tratamento paliativo

      Tratamento que alivia a enfermidade pero non a cura.

    7. tratamento profiláctico

      Tratamento que ten por obxecto principal impedir a aparición das enfermidades.

    8. tratamento sintomático

      Tratamento que alivia a sintomatoloxía sen curar a enfermidade.

    1. s m

      Operación á que se somete algunha materia para outorgarlle unha determinada calidade ou propiedade.

    2. tratamento térmico [IND]

      Tratamento ao que se someten as pezas metálicas para homoxeneizar a súa textura ou capacidade de deformación, ou para aumentar ou reducir a súa resistencia a unha determinada deformación mediante a aplicación de calor e o posterior arrefriamento. Son tratamentos térmicos o recocido, o tempero ou a maleabilización.

Refráns

  • A galiña, ben galeada; e a moza, ben aloumiñada.
  • Á nogueira e ao vilán, co pau na mano
  • A quen has mester, trátao de mercé.
  • Cando meu pai de vostede me trata, ou quéreme bater ou cerca lle anda.
  • Dáme ventura e bótame na rúa.
  • Dous canciños a un can mal trato lle dan.
  • En canto foi nora, nunca tivo boa sogra e, en canto foi sogra, nunca tivo boa nora.
  • Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal quérense saber tratar.
  • Hoxe rifareiche e mañá mimareite.
  • Ó alcalde e á doncela ninguén iles diga: se eu quixera.
  • O mal marido, cegalo ou cebalo.

Palabras veciñas

tratado | Tratado de Albeitaria | Tratado de Amsterdam | tratamento | tratante | tratar | trato