Tratado de Albeitaria
Tratado de Albeitaria
[LIT]
Tratado de veterinaria onde se ofrecen descricións e curas para as enfermidades do cabalo. Consérvase nun manuscrito galego datado entre 1409-1420, pertencente ao notario Álvaro Eanes da Seira, de Baiona. Inclúe unha tradución do tratado latino De medicaminibus equorum, de gran divulgación nos ss XIII-XIV, escrito por Jordanus Ruffus. Divídese en seis partes, as catro primeiras sobre o nacemento e cría do cabalo, e as dúas últimas sobre as súas enfermidades. Destaca por ser unha das poucas obras científicas escritas en galego no s XV, onde se documentan por primeira vez numerosos termos especializados.