trópico -ca
(< lat tropĭcu
-
adx
Relativo ou pertencente ao tropismo.
-
adx
[FISIOL]
Aplícase ás hormonas que dirixen ou regulan a produción doutras hormonas.
-
adx
Relativo ou pertencente ao tropo.
-
s
m
[ASTRON/XEOG]
-
Cada un dos dous paralelos xeográficos da esfera terrestre situados a unha distancia do Ecuador de 23° 27’. O trópico de Cáncer está situado no hemisferio boreal, e o trópico de Capricornio no hemisferio austral. O día 21 de xuño o Sol atópase no cénit ao mediodía para todos os puntos xeográficos situados exactamente sobre o trópico de Cáncer, e o 22 de decembro obsérvase este mesmo feito nos puntos situados sobre o trópico de Capricornio. Estes son os dous únicos días do ano en que o Sol pasa polo cénit nos trópicos.
-
Rexión ou zona comprendida entre os trópicos. OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural.
-