tropismo
tropismo
(< grτρόπος ‘volta’ + -ismo)
s
m
[BIOL]
Movemento de orientación dun organismo baixo a influencia unilateral dun factor estimulante. Un tropismo é positivo se o organismo ou órgano se dirixe cara ao foco do estímulo, e negativo se se afastan. Se a orientación é segundo a dirección do estímulo trátase dun ortotropismo, e se é perpendicular ou oblicua trátase dun plaxiotropismo. Segundo o tipo de estímulo os tropismos poden ser, entre outros, actinotropismo, fototropismo ou xeotropismo.