Tui, San Francisco de
Tui, San Francisco de
Antigo convento franciscano situado en Tui. Atópase fóra do recinto amurallado e ten a súa orixe en 1642, cando se instalaron na vila tudense os franciscanos de Salvaterra de Miño. A igrexa non se construíu ata 1722 e consagrouse a santo Antonio. O edificio conventual converteuse en Seminario Menor en 1850. A igrexa está baixo a advocación do Sagrario e está formada por tres naves. A portada presenta características barrocas ao estar enmarcada entre pilastras e rematar cun frontón partido e curvo coa imaxe de santo Antonio nunha fornela con volutas. Nun lateral do corpo superior da fachada atópase a torre campanario de dobre corpo.