Turpin
Turpin
[LIT]
Heroe da Chanson de Roland, morto na Batalla de Roncesvalles (778). Tradicionalmente identificouse co monxe de Saint-Denis, Tilpin, que foi arcebispo de Reims, a quen se lle atribuíu a Historia Karoli Magni et Rotholandi, máis coñecida por Pseudo-Turpin, onde se narran as xestas marabillosas e lendarias dos paladíns de Carlomagno. En realidade, trátase unha escolma de dous textos, o primeiro (cinco primeiros capítulos) escrito por un monxe de Santiago de Compostela (950) e o outro (capítulos restantes), obra dun monxe de Santo André de Viena do Delfinado (1109-1119).