turquesa

turquesa

(< fr turquoise)

  1. s f [MINERAL]

    Fosfato hidratado de aluminio e cobre, de fórmula CuAl 6 (PO 4 ) 4 (OH) 3 ·4H 2 O, que cristaliza no sistema triclínico, moi poucas veces en cristais e xeralmente en masas densas e criptocristalinas ou de gran fino, e tamén en concrecións. A súa densidade é de 2,8 e a dureza de 6. Ten unha cor azul ceo ou verde azulada. É susceptible de ser puída e ten unha grande importancia en xoiaría.

    1. adx

      Que ten unha cor semellante á da turquesa.

    2. s f

      Cor entre o azul e o verde azulado.

Palabras veciñas

turonés -sa | Turoniano | Turpin | turquesa | turquí | Turquía | Turquía Asiática