vacaloura

vacaloura

(

Nome científico: [Lucanus cervus, Fam doslucánidos]
s f [ANIMAL/ENTOM]

Insecto coleóptero robusto, de gran tamaño e cores escuras, provisto de mandíbulas moi fortes e desenvolvidas. O macho (8 cm) mide practicamente o dobre ca a femia, que carece destas mandíbulas. Teñen a cabeza e o tórax cuadrangular cun par de élitros, baixo os que se esconde o abdome, e outro par de ás membranosas. Aliméntanse de materia vexetal e a súa presenza está asociada, principalmente, aos bosques de carballeiras, pois non só se alimenta do zume desta árbore, senón que tamén utiliza a madeira do chan en descomposición para poñer os seus ovos. Están presentes en varios países de Europa, e en España habitan na rexión N e zonas moi concretas do centro. En Galicia atópase por toda a rexión, pero a súa captura está prohibida xa que é unha especie protexida.