vacación
(< lat vacatĭōne)
-
s
f
Suspensión temporal dunha actividade dedicada ao descanso.
-
s
f
-
Tempo que dura a suspensión dunha actividade ou traballo.
-
[EDUC]
Tempo de repouso concedido aos estudantes, co gallo dunha festividade ou por outras circunstancias, durante o que quedan pechadas as escolas. Establécense en tres períodos, dous curtos, correspondentes ás festas de Nadal e de Pascua, e outro longo que corresponde aos meses de calor (vacacións de verán).
-
-
s
f
[DER]
Dereito irrenunciable de todo traballador por conta allea a un tempo de descanso anual retribuído, non inferior a trinta días naturais, nas datas acordadas entre traballadores e empresarios. Se un traballador deixa o traballo ou é despedido sen causa xustificada antes das vacacións, ten dereito a percibir a parte correspondente en proporción ao tempo dos servizos prestados. OBS: Adoita empregarse en plural.