vacación

vacación

(< lat vacatĭōne)

  1. s f

    Suspensión temporal dunha actividade dedicada ao descanso.

  2. s f
    1. Tempo que dura a suspensión dunha actividade ou traballo.

    2. [EDUC]

      Tempo de repouso concedido aos estudantes, co gallo dunha festividade ou por outras circunstancias, durante o que quedan pechadas as escolas. Establécense en tres períodos, dous curtos, correspondentes ás festas de Nadal e de Pascua, e outro longo que corresponde aos meses de calor (vacacións de verán).

  3. s f [DER]

    Dereito irrenunciable de todo traballador por conta allea a un tempo de descanso anual retribuído, non inferior a trinta días naturais, nas datas acordadas entre traballadores e empresarios. Se un traballador deixa o traballo ou é despedido sen causa xustificada antes das vacacións, ten dereito a percibir a parte correspondente en proporción ao tempo dos servizos prestados. OBS: Adoita empregarse en plural.

Palabras veciñas

Vaasa | vaca | Vaca de Castro, Cristóbal | vacación | vacada | vacaloura | Vacaloura, montes de