venérido -da
venérido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos venéridos.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da familia dos venéridos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de moluscos lamelibranquios con cuncha ovoide, pé ben desenvolvido, sifóns longos recubertos de papilas e soldados na base, e manto aberto ventralmente. Habitan no mar sobre fondos areosos ou lamacentos, case soterrados. Está formada por un gran número de xéneros e especies entre as destacan a chirla ou a ameixa, comúns nas augas galegas.