visor

visor

(

  1. [FS]
    1. s m

      Sistema óptico que serve para ver imaxes con aparatos ópticos, como prismáticos ou telescopios, con instrumentos topográficos e con cámaras fotográficas e cinematográficas, ou para apuntar con determinadas armas.

    2. visor nocturno

      Visor que se emprega para facer visibles escenas con pouca iluminación.

  2. s m [BÉL]
    1. Instrumento, xeralmente óptico, que serve para guiar mediante a vista ou electronicamente a puntaría dunha arma, dun proxectil ou unha bomba de lanzamento aéreo, entre outros, cara ao obxectivo.

    2. Alza telescópica que se monta nun fusil para disparar a distancias superiores ás normais.