vista
(< lat tardío *vista)
-
-
s
f
[FISIOL]
Sentido animal integrado por órganos de moi diferente constitución e funcionamento, capaces non soamente de captar a luz e a súa intensidade, senón que tamén reproducen a imaxe do obxecto emisor de luz propia ou reflectida.
-
vista cansada
[MED]
presbicia.
-
s
f
[FISIOL]
-
s
f
Órgano da visión.
-
s
f
Acción de ver.
-
s
f
Conxunto de cousas que se ven desde o lugar onde se está.
-
s
f
Representación pictórica ou fotográfica dun lugar.
-
s
f
Faculdade de percibir ou intuír algo.
-
s
f
[DER]
Acto xudicial, solemne e público, culminatorio do procedemento en que o xuíz ou tribunal que entende un asunto pendente de sentenza escoita os informes das partes en defensa das súas pretensións, xuntamente coas probas periciais e testificais e o interesado.
-
á vista
[ECON]
Depósitos ou contas bancarias totalmente esixibles, en contraposición aos esixibles nun termo determinado, e da letra de cambio que ten como vencemento o día da súa presentación ao debedor.
Refráns
- Ben cego ten que ser, o que pola peneira non poida ver.
- Canto máis vexo, menos vexo.
- Do que di que non ve pola criba, non sei que che diga.
- Non hai cego que non vexa, nin torto que se coñeza.
- O olIo límpao sempre co cóbado.
- O que pola criba non chegue a ver, moi cego ten que ser.
- Ollos que non ven non envellecen.
- Todo doe para sanar, menos os ollos, que doen para enfermar.
- Todo o que cos ollos vexo, sináloo co dedo.