Volubilis
Volubilis
Antiga cidade da provincia romana da Mauritania Tinxitana, correspondente á actual Walīlī (Marrocos). Dos seus restos destaca o foro, cun arco de triunfo en honor de Caracalla (217 d C). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).