volume
(< lat volūmĭne)
-
-
s
m
Porción de espazo que ocupa un corpo.
-
s
m
[MAT]
Tamaño ou medida da porción do espazo que ocupa un corpo nas tres dimensións: longo, largo e alto.
-
volume corpuscular medio
[FISIOL]
Volume medio de eritrocitos.
-
volume específico
[FÍS]
Magnitude que expresa o espazo ocupado pola unidade de masa. No SI mídese en m 3 /kg.
-
volume molar
[FÍS]
olume ocupado pola molécula-gramo dun gas. Segundo a lei de Avogadro, para unhas determinadas condicións de presión e temperatura, o volume molar é independente do gas; para unha presión de 760 mm de Hg e 0°C de temperatura o volume molar é 22,415 l.
-
volume residual
[FISIOL]
Volume de aire que queda nos pulmóns despois da expiración máxima.
-
volume sanguíneo
[FISIOL]
volemia.
-
s
m
-
s
m
-
[PALEOG]
Conxunto de tiras de papiro ou de pergameo enroladas para escribir nelas un texto continuo, en columnas que se suceden seguindo o sentido da lonxitude, á diferenza do rolo, onde se escribía transversalmente. Adoitaba enrolarse arredor dun pau ou cilindro, chamado umbilicus.
-
Reunión de follas manuscritas ou impresas encadernadas xuntas, sexa unha soa obra, parte dunha obra ou de diferentes obras.
-
Unidade bibliográfica.
-
Disco ou conxunto de discos que se venden formando un conxunto.
-
[PALEOG]
-
s
m
Intensidade dun son.
-
s
m
[ECON]
Suma ou conxunto total de cada unha das magnitudes ou actividades económicas. O volume de transaccións é a suma de todo o que se vende computado tantas veces como é obxecto dunha transacción no período considerado. O volume dos traballos en curso é a suma dos valores dos diferentes traballos que se fan nun momento dado.