Zacarías
Zacarías
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén dun antigo nome bíblico que, a través do latín Zacharias, procede do hebreo Zekharyâh, un dos numerosos nomes teofóricos da lingua hebrea. Na segunda parte (-yah) hai unha abreviatura do nome do Deus de Israel (Yahvé), e a primeira contén a raíz verbal zakhar ‘lembrarse, recordar’, é dicir, ‘Deus lembrouse’.