ficheiro
(< ficha)
-
s
m
-
Moble ou caixa axeitados para conter fichas de modo ordenado.
Ex: Buscou o historial médico no segundo caixón do ficheiro.
-
Conxunto ordenado de fichas, datos ou outro tipo de informacións.
Ex: Están informatizando o ficheiro da escola. Posúe un magnífico ficheiro fotográfico.
Sinónimos: arquivo. Confrontacións: rexistro.
-
-
s
m
[BIBLIOT]
-
Moble formado por diversas filas superpostas de caixóns e bandexas cunhas medidas normalizadas que conteñen, ordenadas alfabética ou sistematicamente, as fichas que forman un catálogo.
-
Conxunto de fichas que conteñen información bibliográfica. Segundo inclúa un tipo de fichas ou outro, pode ser analítico, bibliográfico ou dicionario, entre outros. Coa automatización das bibliotecas e da documentación, o ficheiro ou catálogo converteuse en ficheiro mestre, e creáronse os ficheiros secundarios, coñecidos tamén como índices cruzados, que facilitan a busca. Este conxunto forma unha base de datos.
-
-
[INFORM]
-
s
m
Bloque lóxico de información designado por un nome e considerado unha unidade polo usuario. Pode organizarse fisicamente en rexistros, bloques ou outras unidades e pode ser de datos ou executable. Os ficheiros empregados habitualmente nos ordenadores persoais compatibles identifícanse por un nome formado por un máximo de 8 caracteres, que poden levar a continuación unha extensión de 3 caracteres como máximo, que serve para identificar o tipo de ficheiro. Moitos programas identifican os ficheiros que crearon mediante extensións con nomes característicos.
Sinónimos: arquivo. -
ficheiro de movementos
Ficheiro que contén información sobre feitos que se desenvolveron no tempo, seleccionada e ordenada segundo un criterio determinado (tempo de produción ou de chegada, lugar de orixe, etc). Os datos procésanse por confrontación cos dun ficheiro mestre. No tratamento por transaccións, os movementos procésanse no momento no que se producen, e o ficheiro de movementos resulta, polo tanto, superfluo.
-
ficheiro de traballo
Ficheiro que contén datos (xeralmente resultados intermedios) xerados e usados durante un traballo, ao remate do cal deixa de existir ou pode reutilizarse con outra finalidade. Funcionalmente equivale a unha área de traballo pero adoita definirse nunha memoria de disco.
-
ficheiro indexado
Ficheiro que inclúe unha táboa (chamada índex) que permite acceder a calquera rexistro do ficheiro a partir dunha clave.
-
ficheiro mestre
Ficheiro que contén datos relativamente permanentes e exhaustivos que son actualizados periodicamente cos dun ficheiro de movementos.
-
s
m