Figueira
Figueira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa, e no xefe, unha estrela de goles. Algunha variante trae escudo cortado: primeiro, en campo de goles, dous leóns, de ouro, postos de cu; segundo, en campo de prata. Outra presenta, en campo de sinople, dous cabalos selados, postos en faixa.